Publicador de contidos

Publicador de contidos

Investigan o incendio nuns colectores de Vilagarcía que provocou grandes perdas

Investigan o incendio nuns colectores de Vilagarcía que provocou grandes perdas

As lapas provocaron danos nunha imprenta e tamén nun coche aparcado

A imprenta, a máis prexudicada pola carga de calor que estragou unha máquina de máis de 50.000 euros

G24.gal 01/08/2025 14:29

Sorpresa entre os veciños.

"Que animalada", escóitase dicir a un.

Unha animalada que saíu ben cara: tres colectores do lixo quedaron reducidos a cinza, pero as lapas non pararon aí.

"Tamén lle afectou a un cuarto colector, que non ardeu por completo, pero que si quedou inutilizado e tamén a un coche, que quedou moi danado na parte de atrás", confirma Francisco Javier Guillán, xefe do servizo municipal de Emerxencias de Vilagarcía

Pero houbo máis: a carga de calor provocou perdas cuantiosas na imprenta, que está a só uns pasos.

"A imaxe era dantesca. O cristal aínda desprendía moita calor, nin te podías achegar a el e a temperatura aquí dentro era moi alta", explica Lourdes Baños, propietaria da imprenta Bañosprint

Foron os que saíron peor parados.

"Os rótulos de fóra están completamente queimados, hai que cambiar o cristal porque estalou e estamos pendentes da avaliación da máquina porque o exceso de temperatura aquí dentro si que lles afecta ás placas internas", engade Baños. 

Unha máquina que supera os 50.000 euros. Entre a veciñanza, dáse por feito que foi intencionado.

"Viron un individuo introducir algún tipo de artefacto incendiario nos colectores e ao pouco tempo xa empezou a arder", comenta un veciño.

Con todo, aínda puido ser peor porque fume e lume subiron pola fachada do edificio máis próximo.

"Supón un risco bastante alto agora que estamos no verán e que soe durmir coas ventás abertas. Pois é un problema porque o fume pódese meter nas vivendas e provocar problemas na xente que está dentro", advirte Guillán

En Vilagarcía, no último ano arderon 25 colectores do lixo.
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade