Publicador de contidos

Publicador de contidos

Preocupación en Verín por actos vandálicos en coches estacionados en aparcadoiros públicos

Preocupación en Verín por actos vandálicos en coches estacionados en aparcadoiros públicos

Din que son continuos, e por iso algúns veciños colocaron carteis para alertar a veciñanza e disuadir os autores

Este vehículo apareceu con raiaduras por todas as partes
G24.gal 08/05/2025 14:32

En Verín andan preocupados polos continuos actos vandálicos que están a sufrir nos coches que quedan estacionados nos aparcadoiros gratuítos da vila. Din que hai quen se dedica a picar as rodas e danar os vehículos. 

Carme é unha das veciñas de Verín á que xa lle rascaron o coche tres veces.

"Mira, todo isto, o capó. Raiáronmo dúas veces, que o tiven que pintar e que me valeu o seu diñeiro pintalo. E agora raiárono deste lado, do outro. Cinco ou seis raiaduras menos profundas e este é moi profundo. Quería pintalo pero de momento non o pinto".

"Onte no parque de estacionamento do Mercadona a primeira hora da mañá cando fomos aparcar o coche, había dous coas rodas picadas", asegura outra veciña.

Estes actos vandálicos están a suceder nos aparcadoiros gratuítos do Concello. Din que son continuos, e por iso algúns veciños colocaron carteis para alertar a veciñanza e disuadir os autores

Cartel en que alertan dos actos vandálicos. Cartel en que alertan dos actos vandálicos.

A veciñanza está preocupada e pide máis vixilancia policial nestas zonas. 

"A verdade hai moitísimo vandalismo, e vixilancia ningunha". "Algo máis de vixilancia igual fai falta".  "Ningunnha, e de noite só hai unha luz alí nun pau, e isto é a boca do lobo". 

O Concello de Verín é coñecedor deste problema, pero por falta de persoal non hai Policía Local polas noites na vila. A veciñanza pide unha solución. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade