Publicador de contidos

Publicador de contidos

'Fruit truck' solidaria no Carballiño

'Fruit truck' solidaria no Carballiño

Unha froitería da vila presentou a súa nova proposta sobre rodas cun evento solidario

Todo o diñeiro recadado irá destinado a labor social que realiza a entidade sen ánimo de lucro I'TICS

A Fruit Truck de Ana Rodríguez
G24.gal 30/05/2025 20:54 Última actualización 30/05/2025 21:16

Hai tres anos que Ana Rodríguez rexenta varias froiterías no Carballiño. Buscando abrir novas liñas de negocio decidiu sacar o seu produto á rúa e vendelo sobre rodas, xa listo para consumir.

Unha Fruit Truck coa que pretende percorrer feiras ou celebracións de toda Galicia. A súa primeira parada foi na praza maior da súa vila onde organizou un evento solidario con música, photocall e actividades para os máis pequenos, os seus principais clientes.

O diñeiro recadado a través das doazóns de aqueles que queren probar o produto destínase a I'TICS, unha entidade sen ánimo de lucro que traballa con distintos colectivos sociais e que busca, como nos lembra a súa presidenta, Rosa María Echevarría, tender pontes cara un mundo máis xusto e inclusivo.

Vasos de froita cargados de solidariedade que estarán ata este sábado no Carballiño. Entre as vindeiras paradas desta Fruit Truck está a Semana Verde de Silleda.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade