Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Ribeiro premia a adegueira Elisa Collarte, unha das pioneiras da Denominación de Orixe

O Ribeiro premia a adegueira Elisa Collarte, unha das pioneiras da Denominación de Orixe

Hai 36 anos profesionalizou as viñas da familia, que producían só para consumo propio ou venda a particulares, e agora embotella 35.000 quilos de uva

Un dos seus brancos, o Santo André, polivarietal, vén de ser galardoado co Barco de Ouro

Elisa Collarte, colleiteira de Santo André, concello de Ribadavia
G24.gal 13/06/2025 22:30 Última actualización 13/06/2025 22:54

"Unha vida entre vides" é o nome do galardón co que o Consello Regualdor da Denominación de Orixe do Ribeiro, unha das máis antigas de Galicia, vén de recoñecer o duro traballo desenvolvido dende hai trinta e seis anos por Elisa Collarte, colleiteira de Santo André, concello de Ribadavia.

"Fun unha das primerias, ou a primeira ou a segunda, pero o certo é que daquela non había moitas, case ningunha", di Elisa Collarte, quen recibe o premio con alegría e como un recoñecemento á súa longa traxectoria na viticultura.

Coa concentración parcelaria puido xuntar todos os pequenos socalcos da familia e cambiou as variedades imperantes naquela época, como o alicante ou o xerez, polas castes autóctonas, tanto tintas -sousón, caíño, e mencía-, como brancas -treixadura, godello e albariño-. E de paso aliviou o lombo. 

"Eran tempos difíciles. Aos seren tan pequenas as aprcelas había que dar o sulfato de forma manual, con mochila. e a terra removíase coa cavadora pequena. Logo, ao trabalalr parcelas mási grandes xa puidemos meter un tractor e mecanizar o mantemento das viñas", recorda a colleiteira de Santo André.

Elisa xubilou e pasou a remuda a seu fillo Sindo, criado tamén entre cubas. El leva agora as rendas dunha adega que embotella case 35 mil quilos de uva. A saga familiar mantense viva no produto.

"Facemos un viño branco monovarietal de treixadura, que se chama Paco e Elisa, coma meus avós. Outro branco de varias castes, albariño, godello e treixadura, que leva o nome do pobo, Santo André. E un tinto feito con variedades preferentes da zona como o sousón, o caíño e a mencía, que se chama coma miña nai Elisa Collarte", di Sindo, que xestiona agora a adega.

O branco polivarietal, o Santo Andé da colleita do 2024, recibiu hai quince días o premio Baco de Ouro este ano. Un bo motivo para apostar pola viticultura no Ribeiro.

"Eu son optimista. O Ribeiro, un viño fresco, afroitado e saboroso, está de moda. E estamos facendo as cousas ben, por iso creo que hai futuro", di convencido Sindo, o herdeiro de Elisa.

A pioneira pasou a remuda á nova xeración. Seu traballo non foi en van, o futuro da adega está garantido.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar