Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os viticultores e as adegas buscan traballadores para a vendima

Os viticultores e as adegas buscan traballadores para a vendima

 

A maioría das empresas non atopan xente, así que acoden ás empresas de traballo temporal, pero tamén para algunhas é complicado atopar man de obra

Cada vez é máis difícil atopar xente para a campaña
G24.gal 29/07/2025 17:30

Os viticultores e as adegas non atopan xente para a vendima, así que están buscando semanas antes do forte da campaña. A maioría recorre a empresas de traballo temporal, pero tamén para algunhas é complicado atopar man de obra.

Ás uvas aínda lles queda para a vendima. Agora as leiras das viñas son un mar de tranquilidade, pero en poucas semanas serán un fervedoiro de xente para apañar os acios, levalos ás adegas e elaborar o viño.

Pero cada vez é máis difícil atopar xente para a campaña. As empresas incluso poñen autobuses para coller xente das cidades, pero moitos postos quedan vacantes. Desde hai uns anos, o forte deses traballadores son estudantes universitarios.

A maioría das empresas non atopan xente, así que acoden ás empresas de traballo temporal, as ETT. E para elas tampouco é doado.

Os viticultores e as adegas quéixanse dos atrancos legais e burocráticos para contratar xornaleiros ou xornaleiras. Por iso, cada vez recorren máis ás ETT, que lles mandan xente con todos os trámites cumpridos: prevención de riscos, carnés para manipulación de alimentos ou formación coa maquinaria.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade