Cargando resultados...
Atrasos na liña entre Ourense e Zamora pola avaría dun tren en Taboadela
O convoi tiña un problema de autopropulsado que se solucionou sobre as 17:00 horas
Unha das plataformas da estación de tren de Ourense este domingo
G24.gal
02/11/2025 17:20
Última actualización 02/11/2025 20:10
A avaría dun tren de media distancia que quedou detido no cambiador de Taboadela provocou "importantes demoras", de máis dunha hora, na liña entre Ourense e Zamora.
O tren 90511 A Coruña-Zamora tivo un problema de autopropulsado sobre as 16:00 horas, polo que se procedeu ao seu retroceso a Ourense. A incidencia quedou solucionada pouco despois das cinco da tarde.
Ademais deste convoi, sufriron atrasos o 9140 que vai a Zamora, polo que Renfe estableceu un plan alternativo de transporte por estrada, e o de Alta Velocidade 4254 con saída ás 16:30 en dirección Madrid.
Segundo informa Renfe, a situación "tende a normalizarse" para os trens de longa distancia.