Publicador de contidos

Publicador de contidos

O chef José Andrés visita o mercado da praza de Lugo na Coruña

O chef José Andrés visita o mercado da praza de Lugo na Coruña

O mediático e solidario cociñeiro e empresario paseou por postos, onde realizou varias compras

O chef José Andrés xunto con Óscar López, de Montefurado
G24.gal 29/07/2025 16:53

Estes días o mercado da praza de Lugo está a rebosar de visitantes, pero un deles chamou especialmente a atención tanto dos vendedores como dos clientes habituais. Tratábase do recoñecido cociñeiro e activista solidario José Andrés, que se achegou persoalmente ata os postos do mercado coruñés para mercar os mellores produtos.

A súa presenza non pasou desapercibida: Toñi, por exemplo, deixou por un momento o seu posto de polos para achegarse saudalo en persoa.

Unha cea moi especial obrigouno a visitar o mercado. O menú da noite fixo gala da riqueza gastronómica galega: empanada de millo rechea de zamburiñas e centolas, patacas de Coristanco, amorodos de Xeixade... e moito máis. A sobremesa tivo que agardar un pouco máis, xa que era o único detalle que faltaba por completar no seu percorrido polo mercado.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade