Publicador de contidos

Publicador de contidos

Desvelan que Clive Arrindell, 'o calvo' da Lotaría de Nadal, morreu hai máis dun ano

Desvelan que Clive Arrindell, 'o calvo' da Lotaría de Nadal, morreu hai máis dun ano

Foi o protagonista do anuncio do sorteo entre os anos 1998 e 2005

Imaxe de Arrindell nun dos anuncios do sorte que protagonizou Imaxe de Arrindell nun dos anuncios do sorte que protagonizou
G24.gal 10/11/2025 20:56

Este luns soubemos da morte de Clive Arrindell, o actor británico coñecido como 'o calvo' da Lotaría de Nadal porque protagonizou o anuncio do Gordo entre os anos 1998 e 2005. Foi toda unha icona do sorteo.

O pasamento do 'calvo' da lotaría transcendeu dun xeito un tanto particular. Deu a noticia un loteiro dunha vila de Murcia que, polo visto, recibiu unha carta dun amigo do actor. Miguel Ángel Zapata da administración murciana de San Pedro do Pinatar intentou contactar co actor británico para protagonizar un dos episiodios dun vídeo-podcast que fai sobre a sorte.

Segundo relatou, foron  amigos de Arrindell os que lle confirmaron que o intérprete faleceu no verán de 2024, hai xa máis dun ano.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade