Publicador de contidos

Publicador de contidos

O primeiro museo da cervexa de Galicia está en Petín:unha colección con 14.000 botellas

O primeiro museo da cervexa de Galicia está en Petín:unha colección con 14.000 botellas

Situado no espazo coñecido como' Corte do Macho", é obra de Javier López García, coñecido como Parra, que leva medio século coleccionando botellas de cervexa

Ao longo de 50 anos foi recopilando botellas de cervexa de edición especcial de 98 países e é o terceiro maior coleccionista en España e o primeiro de Galicia

O coleccionista de Petín, Parra, amosa con orgullo o seu museo da cervexa
G24.gal 10/11/2025 20:33

O primeiro museo da cervexa de Galicia está no concello ourensán de Petín. Alí vive Javier López García, coñecido como Parra, que leva medio século coleccionando botellas de cervexa, e tenas de todo o mundo, desde Xapón a Zambia. Agora a súa colección supera as 14.000 unidades.

Este é o pequeno gran museo da cervexa de Javier, máis coñecido como Parra, en Petín. Aquí na súa Corte do Macho ten 9.000 botellas expostas. Con 14.000 pezas, a súa é a primeira colección de Galicia e a terceira de España.

"Teño un orgullo porque é a única que está exposta en España, as outras están gardadas en caixas, como eu teño 5.00 botellas en caixas, aquí hai 9.000 simplemente", di Javier Lopez García, Parra, coleccionista de cervexas.

Todo son botellas de edicións especiais e tenas de 98 países. A súa afección pola colección de cervexas comezou hai 50 anos. De Estrella Galicia tenas todas, pero tamén ten cervexas para el moi especiais, como as do Xapón, O Congo, Zambia ou Cuba. E di que hai aínda moitas que quere conseguir. 

Ata o seu museo de Petín di que se achegan persoas de todo o mundo e para coñecer o seu particular santuario da cervexa.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade