Publicador de contidos

Publicador de contidos

Comeza a venderse a Lotería de Nadal, sobre todo a turistas e peregrinos

Comeza a venderse a Lotería de Nadal, sobre todo a turistas e peregrinos

Os visitantes adoitan mercar os décimos en locais hostaleiros, onde en moitos casos xa esgotaron a primeira remesa

Un hostaleiro do centro de Lugo amosa os décimos que ten á venda
Félix Aragunde. Imaxe: Afonso García Novoa. 09/07/2025 21:14 Última actualización 09/07/2025 21:49

Unha semana despois de comezaren a distribuírse os décimos da Lotería de Nadal, nalgúns bares e restaurantes xa tiveron que repoñer os boletos. Non só polas vendas aos seus clientes habituais, senón sobre todo aos que están de paso, como os turistas ou os peregrinos.

"Xente de todos os días, xente que xoga e turistas. Xa levo vendidos 600 euros en lotería, dende o venres", conta David Moldes, responsable dunha cafetería no centro de Lugo. 

"Os bares que teñen lotería no centro moven moita. Eu distribúolles a varios e xa acabaron a primeira remesa, que se lles levou a semana pasada", sinala a loteira Ana Fernández.

Outros, tanto locais como visitantes, son da opinión de que ata o 22 de decembro aínda están a tempo para se faceren cuns décimos.

Segundo sinalan dende as administracións de lotería, ata o 70 por cento dos boletos do Sorteo de Nadal son adquiridos por canles alleas á súa xanela. É dicir, tanto a través de asociacións e de empresas como de negocios hostaleiros.

"Vendémoslles a veraneantes e a xente de aquí. No momento que a temos á venda, xa a compran", afirma o hostaleiro lucense Abel Rodríguez. 

En calquera caso, haberá que agardar ata outubro para se que comecen a esgotar os números máis demandados.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade