As cociñas de leña non pasan de moda e soben as vendas neste tempo
Din os vendedores que nunca deixaron de mercarse porque teñen moita ventaxes: ao ser de leña son máis económicas, de aí o nome de cociña económica
Ademais cun só aparato pode empregarse para facer a comida, quentar a estancia e mesmo pode ser calecfactora para a vivenda
O que si é que nos últimos anos teñen incorporados materiais máis eficientes e son máis modernas que as de antes
Falamos dun elemento case imprescindible nas casas do rural: as cociñas de leña ou tamén coñecidas como a cociña económica. Pero non vaian a pensar que son cousa do pasado porque, segundo os vendedores, estas cociñas nunca deixaron de venderse e ata volven estar de moda.
E agora que comeza o tempo frío, soben as súas vendas. Iso si, agora son moito máis modernas que as de ferro de antes.
Que busca a xente cando vén mercar unha cociña de leña?
"Por un lado, que sexa eficiente e tamén que sexa bonita, que non desentoe cos tempos modernos. Neste caso temos unha de vitrocerámica moi moderna", explica Samuel Cruz de Afocasa no polígono de San Cibrao das Viñas.
Moito se modernizaron as cociñas de leña, tamén coñecidas como enonómicas. Os vendedores din que se seguen mercando porque nunca pasaron de moda.
"A cociña económica nunca se deixou de vender, é un artigo que se vende de xanerio a decembro", asegura Roberto Araújo de Comercial Espiñeiro en Taboadela
E cales son as súas vantaxes?
"Con leña quetamos a estancia onde estamos, para facer a comida e hamén hai a opción de facela calefactora co que podemos quentar os radiadores de toda a vivenda. Vantaxes, tenas todas, e por riba a a nivel económico, só leva leña, non consome gas, non consome enerxía", asegura roberto Araújo.
"Modernizáronse moitísimo, sobre todo o tema dos amarres, e as placas, antes eran máis de ferro, e agorra de aceiro inoxidable ou mesmo vitrocerámica", di Samuel Cruz.
E teñen pouco mantemento, tan só hai que acordarse de retirarlles a cinsa que se acumula. Ademais, teñen algo de nostálxico cando lembramos esas comidas da avoa que facía na cociña de leña.