A Coruña, das cidades galegas que máis aposta pola bici como alternativa de mobilidade urbana
Conta cunha rede de carrís bici de 60 quilómetros e máis de 65 estacións que conectan barrios. Só o servizo municipal BiciCoruña conta con máis de 15.000 usuarios
A Coruña é unha das cidades galegas que máis está a apostar pola bicicleta como alternativa de mobilidade urbana. Con todo, ciclistas e peóns quéixanse do mal uso que algunhas persoas fan da bici e tamén dos patinetes.
Conta cunha rede de carrís bici de 60 quilómetros e máis de 65 estacións que conectan barrios. Só o servizo municipal BiciCoruña conta con máis de 15.000 usuarios nesta cidade.
"Teño unha boa experiencia empregando a miña bici aquí na Coruña e a rede de carrís bici está aumentando", di un usuario.
Restaurador de bicicletas, João leva anos atendendo unha clientela usuaria das dúas rodas e asegura que "hai máis xente con bicis e con vehículos en xeral como patinetes e motos. Todo tipo de vehículo individual".
A ordenanza municipal aprobada recentemente establece prioridades á hora de circular na vía urbana. O seu incumprimento é a principal queixa dos ciclistas.
"Eu vou por carril bici e atopo ciclistas e peóns que veñen de fronte ou ás sete da mañá xente sen luces". "Máis ou menos respéctanse as normas, pero a veces os peóns non moito".
Para quen se move a pé pola cidade, o lamento é:
"Os patinetes é quizáis o máis perigoso". "A veces é complicado coas bicis e os patinetes porque os eléctricos hai veces que os soben ás beirarrúas".
Ciclistas e peóns reclaman maior formación en educación vial para garantir unha mobilidade segura.