Cargando resultados...
Despachan un mero de 54 quilos na lonxa da Coruña
Xa foi despezado e servirase de distintos xeitos nun restaurante
Capturárono a 25 millas da costa e 700 metros de profundidade
G24.gal
06/11/2025 13:37
Os clientes dun restaurante da Coruña pode degustar este xoves un mero de 54 quilos.
A peza, de envergadura inusual, chegou á lonxa, pero xa non foi a poxa ao ser vendida directamente ao establecemento que a adquiriu. O animal capturouse a unhas 25 millas das nosas costas, a 700 metros de profundidade.
Dado o seu tamaño, vai ser preparado de distintas formas.