Mundos Dixitais congrega na Coruña as técnicas máis avanzadas de produción e creación visual
Estará aberta ata este sábado en Palexco
Semellan unhas lentes de realidade aumentada máis, pero as súas cámaras fanas idóneas para a realización de prácticas e simulacións.
Medicina ou defensa son algúns dos sectores en que xa se empregan.
"Son unhas lentes moi potentes porque teñen o que se chama o pass-through que podes ver a través das gafas e ao mesmo tempo tamén a realidad virtual", explica Marc Piña, de Azken Muga.
O Congreso internacional Mundos Dixitais trae á Coruña as técnicas máis innovadoras. Como un escáner 3D. Con 105 cámaras crea avatares virtuais con IA.
"Podemos capturar cosas que non se poden capturar con técnicas tradicionais como partes semitransparentes, detalles moi finos ou cabelos que era un dos grandes problemas que se daba na xeración deste tipo de imaxes virtuais", indica Víctor Feliz, de ScanMeNow.
No mundo do cinema este escáner en tres dimensións permite crear dobres dixitais de actores e actrices.
Outros usos poderían ser no mundo da moda, os museos ou o turismo.
Os mesmos usos que se lles poden dar a estes dispositivos holográficos que presentan dous creadores en 3D formados na Universidade da Coruña:
"Se eu me sitúo diante do croma a través dunha cámara podo aparecer co personaxe, facer unha foto con el, facer un vídeo ou interactuar con el", comenta Diego Area, de Newtonlab Space.
Un ano máis, estudos internacionais da produción visual acoden a esta cita na procura de talento. Será ata este sábado en Palexco.