Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Goberno de España destinará 15 millóns a impulsar a formación en fotónica en Vigo

O Goberno de España destinará 15 millóns a impulsar a formación en fotónica en Vigo

 Anunciouno en Vigo o ministro para a Transformación Dixital nunha visita para coñecer o proxecto da primeira planta de chips fotónicos de España que se instalará na cidade

O ministro Óscar López co alcalde de Vigo, Abel Caballero
G24.gal 31/07/2025 15:51

A Universidade de Vigo recibirá 15 millóns de euros por parte do Goberno de España e da Unión Europea para impulsar a formación en fotónica. 

Anunciouno en Vigo o ministro para a Transformación Dixital, Óscar López, nunha visita para coñecer o proxecto da primeira planta de chips fotónicos de España que se instalará na cidade.

Fabricará semicondutores para as fibras de comunicacións,  biomedicina ou  informática, que permitirán a Europa ter independencia fronte a Asia e Estados Unidos.

O proxecto, que naceu na Universidade de Vigo, estará operativo no 2027.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade