Melloras no Sergas Móbil: asistentes virtuais e 'streaming' nas UCI de neonatos
O obxectivo da partida de 1,5 millóns de euros é personalizar a comunicación dixital entre sanitarios e pacientes
Se o médico accede, o doente poderá intercambiar mensaxes con el en tempo real ou en diferido
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, informou este luns que o Goberno galego vai destinar 1,5 millóns de euros a mellorar a relación dixital da cidadanía co Sergas. O obxectivo é introducir novas tecnoloxías para personalizar a comunicación entre sanitarios e pacientes.
Nesa liña vanse reforzar os servizos que ofrece a aplicación Sergas Móbil, que xa usan máis dun millón de cidadáns cada mes. Por exemplo, se o sanitario o habilita, o doente poderá intercambiar mensaxes con el en tempo real ou en diferido.
Implantarase tamén un asistente virtual para preparar as operacións, que ofrecerá vídeos para resolver dúbidas e facilitará trámites como a sinatura do consentimento. Outro dos servizos innovadores é que os pais de dos nenos ingresados nas UCI de neonatos poderán velos mediante un streaming de vídeo en directo.