Publicador de contidos

Publicador de contidos

Inaugúrase a corenta edición de Feiradeza, a maior feira ganadeira de Galicia

Inaugúrase a corenta edición de Feiradeza, a maior feira ganadeira de Galicia

 

A feira acolle un concurso onde mozos e mozas demostran o seu talento para preparar vacas en tempo récord
 

Concursan catro preparadores de gando
G24.gal 04/07/2025 21:19

Comezou a corenta edición de Feiradeza, a maior feira ganadeira de Galicia que se celebra en Lalín. Unha das actividades máis curiosas foi a celebración do concurso de xoves preparadores, onde, como saben, as vacas son as auténticas protagonistas.

Aos participantes deste concurso tócalles pelar, a elas desfrutar e os xuíces observar. En apenas dúas horas deben facer que estas vacas luzan como auténticas miss.

Concursan catro preparadores de gando que son todo xuventude. Claudia, por exemplo, leva un ano pelando e algo máis manexando.

E cando remata o tempo, chega a hora de presentalas na pista, ou o que é o mesmo, acompañalas nesta pasarela do Feiradeza. A gañadora é esta. Chega dende o Val do Dubra e o seu preparador é Simón Blanco.

O maior premio deste concurso non só é gañar, senón conseguir os puntos necesarios para poder representar a Galicia en Bélxica, onde elixiran no mes de setembro o mellor preparador de gando a nivel europeo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar