Publicador de contidos

Publicador de contidos

O galego Adolfo Enríquez, primeiro fotógrafo español gañador absoluto dos One Eyeland Awards

O galego Adolfo Enríquez, primeiro fotógrafo español gañador absoluto dos One Eyeland Awards

Sumou 145 puntos, a moita distancia do segundo, o que lle valeu conquistar o máximo galardón, o título de fotógrafo profesional do ano

As súas fotografías competiron con outras 3.000 enviadas por fotógrafos de medio cento de países

G24.gal 05/10/2025 13:16

Un fotógrafo galego, Adolfo Enríquez, é o primeiro español en lograr o premio de Fotógrafo Profesional do Ano na última edición dos One Eyeland Awards, un dos concursos internacionais máis importantes. E conseguiuno cuns traballos feitos principalmente en Galicia, con imaxes do Entroido e do pórtico da Gloria, entre outras.

Ten o seu estudio en Santiago. Alí Adolfo Enríquez, posúe algunhas das fotografías que presentou na última edición do concurso internacional One Eyeland. Participou en varias categorías e acadou o máximo recoñecemento, cadansúa cámara de ouro, nas de deportes, cultura popular e ao mellor español. En total sumou 145 puntos, a moita distancia do segundo, o que lle valeu conquistar o máximo galardón, o título de fotógrafo profesional do ano.

"Esta é unha carreira de cabalos de afeccionados no curro de Enxa, en Porto do Son. A esta foto téñolle moito cariño, son de Porto do Son e con isto demostro que non fai falta cruzar o mundo para facer unha boa foto e gañar un concurso. Ás veces, na porta da casa temos algo que chama a atención. Esta é unha das miñas preferidas, o traballo do Entroido tamén me gusta moito porque levo moito anos facéndoo para Turismo de Galicia.", conta o fotógrafo Adolfo Enríquez.

As súas fotografías competiron con outras tres mil enviadas por fotógrafos de medio cento de países. O xurado estaba formado por doce profesionais, fotógrafos e directores de axencias de publicidade.

"Unha das cousas que máis me satisfai é que os meus traballos, que non son feitos para o concurso senón para clientes, son sobre temática e cultura galegas", di Adolfo con orgullo.

Di que se presenta ao premios por satisfacción persoal, pero é consciente de que os recoñecementos axudan.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade