Publicador de contidos

Publicador de contidos

An Alfaya recolle o Premio Laxeiro 2026, que recoñece a "gran versatilidade" da súa escritura

An Alfaya recolle o Premio Laxeiro 2026, que recoñece a "gran versatilidade" da súa escritura

O xurado valorou tamén a súa "prolífica produción e o talento para dirixirse ao público infantil, xuvenil e adulto"

A escritora viguesa An Alfaya, Premio Laxeiro 2026 (Fundación Laxeiro) A escritora viguesa An Alfaya, Premio Laxeiro 2026 (Fundación Laxeiro)
G24.gal 23/02/2026 16:41

O museo MARCO de Vigo acolleu este luns o acto de entrega do Premio Laxeiro 2026, que recaeu na escritora viguesa An Alfaya, pola súa "prolífica produción, a gran versatilidade da súa escritura e o talento para dirixirse ao público infantil, xuvenil e adulto".

Así, coincidindo co 118 aniversario do nacemento de Laxeiro, a Fundación que leva o seu nome fixo entrega de recoñecemento que, cada ano, premio a unha persoa, colectivo ou institución polo seu labor a favor da cultura galega.

No acto, o secretario xeral do padroado da Fundación, Carlos García-Suárez, subliñou os 'mérito' de An Alfaya para facer acredora do premio, e tamén tivo palabras de recordo para Xesús Alonso Montero, recentemente falecido, e recoñecido co Premio Laxeiro 2023.

Pola súa banda, o escritor Francisco Castro referiuse á data deste luns, 23 de febreiro, por unha banda, para lembrar o golpe de estado de 1981 e a importancia de "non esquecer a fraxilidade da democracia en tempos de ameaza dos fascismo". Doutra banda, quixo tamén poñer o foco en Rosalía de Castro, máxima expoñente da literatura galega e destacou que An Alfaya é unha "dignísima continuadora" da tradición feminina das letras galegas.

A homenaxeada agradeceu o recoñecemento outorgado e puxo o foco na comunicación entre a literatura e as artes plásticas, na capacidade da arte para conmover e humanizar, pero sobre todo para "transformar".

"Quizá a cultura e a creación sexan a táboa de salvación que nos queda, a última esperanza", proclamou.

O acto foi clausurado polo presidente da Fundación Laxeiro e alcalde de Vigo, Abel Caballero, que posto en valor o traballo desta entidade para a difusión do legado de Laxeiro e da cultura en xeral.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade