O Premio Follas Novas recoñece o labor libreiro de Moito Conto
A libraría coruñesa abriu hai doce anos en San Andrés e xa é un referente cultural consolidado na cidade
Nas librarías faise moito máis ca vender libros. Son espazos para a conversa e a cultura e refuxios de calma. O premio Follas Novas recoñece cada ano o labor dunha libraría galega. Nesta edición, o garladón recaeu en Moito Conto e nos seus doce anos de paixón polos libros na Coruña.
A librería conseguiu transformar un local estreito e profundo nun lugar de encontro e de descubrimento.
"A xente quere conversar, quere encontrarse nos outros e agora hai poucos lugares onde facer iso con certa calma e delicadeza", explica Esther Gómez, fundadora de Moito Conto.
Cando a imaxinou, Esther tiña claro que a librería debía ser un espazo vivo. Ela e o seu equipo programan periodicamente encontros con autores e autoras e teñen en marcha varios clubs de lectura. O Premio Follas Novas que lle concedeu a Federación de Librarías de Galicia recoñece o seu compromiso inquebrantable coa cultura e cos libros.
Eu síntome unha libreira apaixonada. Gústame vivir rodeada de libros e de xente á que tamén lle gustan os libros", asegura.
Esa xente foi construíndo comunidade en Moito Conto da man das libreiras e libreiros, que seleccionan, escoitan e aconsellan a un público lector fiel que sente este espazo como refuxio.
"Ese é o noso maior premio, o recoñecemento dun público fiel e tamén dun público novo que vén á libraría de forma habitual. Cada mañá abrimos con alegría e coa motivación de seguir facendo as cousas cada día mellor".
Traballar cada día con ilusións renovadas para que o presente siga sendo futuro.