Os taxistas da Coruña denuncian unha repunta de roubos nos seus coches
Piden maior presenza policial na rúa como medida disuasoria
Os taxistas da Coruña suman un roubo máis aos que viñan denunciando nos meses pasados. O último sucedeu nesta zona das Conchiñas o domingo, durante un descanso da condutora.
"A 132, mesmo nesta zona que estamos estacionou o seu coche e cando volveu tiña o cristal roto", di Juan Carlos Sambad de Ugataxi.
"Non me sorprende", conta un taxista
Adrián fala desde a experiencia persoal. No seu taxi aínda son visibles as marcas que fixeron na porta os ladróns
"Si, hai un mes roubáronme dúas veces. A perda, os cristais, e a documentación".
"Tes que esperar ata que che poñan o cristal. Podes estar un par de días esperando, sen traballar pola parvada", conta.
Falan dunha repunta de casos similares e din que unha maior presenza policial na rúa podería ter un carácter disuasorio.
Lamentan tamén que o arranxo dos danos ocasionados nos vehículos poida supor un encarecemento da póliza do seguro.