Publicador de contidos

Publicador de contidos

'Sirat', do galego Oliver Laxe, candidata ao César á mellor película estranxeira

'Sirat', do galego Oliver Laxe, candidata ao César á mellor película estranxeira

Laxe, o pasado sábado na cerimonia de entrega dos Premios Feroz en Pontevedra, onde 'Sirat' acadou dous recoñecementos (Elena Fernández/Europa Press) Laxe, o pasado sábado na cerimonia de entrega dos Premios Feroz en Pontevedra, onde 'Sirat' acadou dous recoñecementos (Elena Fernández/Europa Press)
G24.gal 28/01/2026 10:26

A película española Sirat, de Óliver Laxe, foi proposta este martes aos premios César, os máis importantes do cinema francés, na categoría de mellor película estranxeira, para a cerimonia que se celebrará en París o próximo 26 de febreiro.

Sirat competirá coa brasileira O axente secreto, a chinesa Black Dog, a estadounidense Unha batalla tras outra e o norueguesa Valor sentimental.

A mellor película do ano para a Academia dos César decidirase entre Nouvelle Vague (que é a cinta máis proposta do ano, con dez opcións de premio), L'attachement (8), Dossier 137 (8), La petite dernière (7) e Un simple accident (2).

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade