Publicador de contidos

Publicador de contidos

O rei do mel fala galego

O rei do mel fala galego

Unha explotación familiar da Ribeira Sacra recibe en Londres un dos maiores recoñecementos internacionais do sector 

G24.gal 16/06/2026 09:56

A excelencia da apicultura galega volve cruzar fronteiras. A explotación Pura Mel Sacra, situada no Saviñao, na Ribeira Sacra, vén de ser distiguida cunha medalla de platino, nos prestixiosos premios internacionais do mel celebrados en Londres, un dos máximos recoñecementos do sector. 

O galardón acredita a calidade dun produto elaborado de maneira artesanal e que, segundo explica o seu responsable, Toni Fernández, mantén intactas as súas propiedades naturais. 

"Eu creo que a excelencia está en facer as cousas con amor e cariño. Pregúntanme moitas veces que lle facemos ao mel, e ao noso mel non lle facemos nada. É un mel natural, extraído en cru, e iso é o que nos avala despois de tantos anos e o que fai que moita xenta siga confiando en nós", sinala. 

A explotación non só foi premiada pola calidade do produto. No mesmo certame londiniense recibiu tamén unha medalla de ouro pola presentación e a imaxe da marca, que combina tradición e modernidade. 

Detrás de este proxeto hai xa catro xeracións de apicultores. Fernández destaca que o recoñecemento é tamén unha homenaxe ao traballo da súa familia ao longo de décadas.

"Empezou o meu bisavó, despois a miña avoa e o meu pai, que con 85 anos segue coidando as súas colmenas día a día. Hai moito traballo detrás de todo isto", explica. 

O apicultor lembra ademais a vinculación familiar coas abellas desde hai décadas. "Meu pai tamén tiña abellas. Cando regresou de Alemaña comprou colmeas e eu sempre medrei rodeado delas e recollendo mel", relata. 

Este non é o primeiro éxito internacional da explotación da Ribeira Sacra. Nas últimas edicións do certame de París, outro dos concursos de referencia do sector, o seu mel foi distingudo con medallas de ouro en varias ocasións consecutivas. 

O produto conta ademais con selo de calidade IXP Mel de Galicia, Aresanía Alimentaria e Galicia Calidade, unha combinación de distintivos que avalan a súa orixe e proceso de elaboración.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade