O SummerSon Jam leva ao Porriño a improvisación das batallas de hip hop
Un xurado profesional escolleu as mellores parellas nun combate de baile enriba da pista
O parque infantil do Porriño converteuse este domingo unha pista de danza urbana. O festival SummerSon Jam 2025 trouxo a Galicia un combate no que un xurado profesional, experto en hip hop, encárgase de escoller as mellores parellas.
Baseado na improvisación, caracterízase por ser un baile underground de natureza libre que conta cunha grande aceptación, sobre todo, entre a poboación máis nova.
O D. J. Walid, que ten unha carreira sólida internacional neste tipo de competicións, encargouse de poñer o hip hop e o house sen un guión coñecido para os bailaríns.
O segundo piar desta SummerSon Jam é o xurado internacional, formado polo ruso Boy Vlady, a madrileña Sara Herrera e Rick Índigo, de Barcelona.
E finalmente, están as parellas participantes, que se enfrontan nunha batalla ao ritmo da música enriba da pista.
Na quenda da mañá, a dos principiantes, non estivo Lindsay Badness, a celebridade do hip hop encargada de avaliar as actuacións nas categorías de avanzados e de alto nivel. Porén, ofreceu unha clase.