A Catedral de Santiago volve ser vítima das pintadas
Apareceron unhas pequenas inscricións na fachada da praza da Inmaculada
Composteláns e turistas piden un maior respecto ao patrimonio
Unha vez máis a Catedral de Santiago converteuse no lenzo dalgún desaprehensivo. Desta volta cunhas pequenas inscricións en italiano na fachada da praza da Inmaculada.
A primeira vista estas pintadas poden pasar desapercibidas. Pero na distancia curta a desfeita faise máis evidente, e tamén o enfado e a condena unánime de todos os que as ven.
Esta non é a primeira vez que a Catedral é vítima das pintadas. O caso máis grave sucedeu en 2018, cando alguén pintou bigotes e o nome da banda de rock Kiss sobre esta figura do século XII da fachada das Praterías. Retirar a pintura custou 12.000 euros.
Malia que este tipo de actos están penados por lei con multas de entre 6.000 e 150.000 euros, atopar os culpables adoita ser difícil. A solución pasa para algúns por un maior control, mentres para outros todo e cuestión de educación.
Un patrimonio fráxil, para gozar pero tamén coidar, tal e como recorda unha campaña do Concello de Santiago e que non deberon ler os autores destes garabatos.