Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un mural inmortaliza o oficio do afiador en San Xoán de Río

Un mural inmortaliza o oficio do afiador en San Xoán de Río

É obra do artista urbano Mon Devane, retratista de oficios e identidades do rural

Juan Pérez é o veciño da aldea de Castiñeiro que personaliza esta homenaxe a toda unha profesión

G24.gal 17/06/2025 14:38

O son do chifre atesoura a historia de milleiros de galegos que como Juan percorreron o mundo como afiadores. Un oficio, di, que xa exercía o seu avó, o seu pai e o seu tío co que marchou de novo á Mancha coa roda de afiar. Madrugaban, lembra, e percorría ata doce quilómetros. A dureza da profesión fixo que a deixara para emigrar a Suíza pero volveu a ela cando regresou a Barcelona. Foi un dos pioneiros en motorizar o afiado. Coa súa moto desprazouse por toda Cataluña, Andorra, Mallorca ou Eivisa.

Unha vida inmortalizada agora na aldea que o víu nacer grazas a intervención artística de Mon Devane que personaliza oficios e identidades ligadas ao rural nos seus murais. Nunca retratara os afiadores, a pesar da importancia que teñen na nosa tradición, subliña, por iso, cando coñeceu a historia de Juan non dubidou en convertelo en protagonista do primeiro mural do mundo dedicado a un afiador.

Arte para impulsar o rural. A fachada que habita este mural é a sede de Rural Haus, un proxecto que busca rehabilitar e devolver á vida as aldeas e que promove o fillo de Juan, impulsor tamén da iniciativa Aldealista.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade