Publicador de contidos

Publicador de contidos

Simulacro de alerta ante posibles inundacións en varios encoros galegos

Simulacro de alerta ante posibles inundacións en varios encoros galegos

Un deles tivo lugar en Dumbría, no encoro de Santa Uxía; Xeal Xallas fixo con éxito a proba de son de alerta para a poboación da comarca

Cada ano adoita haber un simulacro de alerta ante posibles inundacións nos encoros de Galicia

G24.gal 17/06/2025 14:35

Durante uns minutos, nas comarcas de varios dos encoros de Galicia escoitouse un aviso que alertaba dun problema nas fervenzas. Eran simulacros. Son as alertas de emerxencia que se proban unha vez ao ano por se houbese unha emerxencia de asolagamento ou rotura das fervenzas. En Dumbría, o simulacro saíu como se esperaba.

No centro de control de Xeal, no Ézaro, teñen todo controlado para o simulacro.

A alerta no encoro de Santa Uxía coincidiu cunha misa que celebraban uns peregrinos que chegan á Costa da Morte desde Guadalajara, México.

Corenta encoros de Galicia farán probas nesta xornada. Os encoros da Fervenza e Santa Uxía están ao oitenta e setenta por cento. En caso de emerxencia, a zona afectada sería moita. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade