Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un incendio calcina un posto de venda ambulante nas festas de Porto do Son

Un incendio calcina un posto de venda ambulante nas festas de Porto do Son

Tres membros dunha familia ecuatoriana que durmían no interior sobreviviron grazas ao aviso dos veciños

G24.gal 12/09/2022 14:21

Foi en pleno centro da vila de Porto do Son. Por causas que aínda se están a investigar, un incendio afectou un posto de venda ambulante de roupa. Varias persoas, sobre todo mozos que aínda estaban a gozar da festa, decatáronse rápido das lapas e deron a voz da alarma.

Grazas a iso, as tres persoas de nacionalidade ecuatoriana que estaban no interior durmindo puideron salvarse. Unha delas, iso si, sufriu queimaduras graves nos pés.

Os veciños traballaron arreo intentando extinguir as lapas para que non afectasen os postos lindeiros, cousa que conseguiron antes da chegada dos Bombeiros. Pero os que o perderon todo foron os ocupantes do posto, que quedou completamente calcinado e reducido a cinzas.

A Garda Civil investiga os feitos dun incidente do que polo momento se descoñecen as causas. A principal hipótese apuntaría a que foi accidental, pero non se desbota tampouco a posibilidade de que fose intencionado.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade