Unha factoría de San Simón, en Vilalba, elabora o mellor queixo de España
O Ministerio de Agricultura concedeulle este premio, onde se impuxo sobre 135 mostras
Os consumidores valoran o produto e destacan o seu sabor afumado
Facer o mellor queixo de España é motivo de satisfacción para os traballadores de Don Crisanto, unha factoría familiar que xa vai pola terceira xeración. Comenta Rocío Cuba, membro desta queixería, que "están todos moi contentos e orgullosos do seu traballo".
O xurado avaliou 135 mostras e na categoría de queixo de vaca o seu San Simón tamén quedou gañador. Manifesta unha das elaboradoras deste produto que "o segredo é a man desta familia e a experiencia que temos facendo queixo".
Un produto de calidade, moi apreciado. Coinciden varios consumidores, coñecedores deste queixo, en que é "afumado, rico e distinto aos outros".
Moi identificable polo seu aspecto de buxaina e o afumado de bidueiro.