Publicador de contidos

Publicador de contidos

No último ano a cooperación internacional galega impulsou 120 proxectos de 23 países

No último ano a cooperación internacional galega impulsou 120 proxectos de 23 países

O seu orzamento superou os 22 millóns de euros, que contribuíron mellorar a vida de máis de 400.000 persoas de 23 países

No 2024 as oenegués impulsaron 120 proxectos
G24.gal 15/07/2025 20:49 Última actualización 15/07/2025 21:09

Sandra e Xabier son dous dos máis de 140 galegos que traballan en cooperación internacional. Enxeñeira química, ela leva dous anos en Honduras con proxectos de desenvolvemento e acción humanitaria.

"Eu encárgome dos proxectos de auga que teñen parte de xestión comunitaria e parte de xestión pública. Logo tamén moi relacionado coa cooperación galega están os proxectos de marisqueo", apunta Sandra Fernández, cooperante da ONG Enxeñería Sen Fronteiras.

En países como Guatemala outra ONG galega Arquitectura Sen Fronteiras desenvolve varios proxectos. Faino da man de socios locais que coñecen o territorio. 

Juventina López, presidenta da asociación guatemalteca Asiaprodi, amosa un dos proxectos financiados pola cooperación galega: un tanque de auga elevado que conta cunha rede de subministración que atende 267 familias.

Guinea Bissau, un dos países cos índices de desenvolvemento máis baixos do mundo, é o destino actual de Xabier Lombardero, coordinador de proxectos da ONG Miradas ao Mundo.

" O que facemos é centrarnos na educación. Collemos os nenos desde primaria ata a universidade. Apoiamos con bolsas de estudo os nenos e nenas nas escolas públicas e na universidade pública do país africano", afirma.

No 2024 as oenegués para o Desenvolvemento galego impulsaron 120 proxectos. O seu orzamento superou os 22 millóns de euros, que contribuíron mellorar a vida de máis de 400.000 persoas de 23 países.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade