Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os corpos dos mariñeiros falecidos no Albacora Cuatro chegan a Galicia

Os corpos dos mariñeiros falecidos no Albacora Cuatro chegan a Galicia

Trasladados en coche dende Madrid

Este sábado daranlles o último adeus en Ribeira e Xuño

G24.gal 01/07/2022 18:24 Última actualización 01/07/2022 22:13

Os corpos dos mariñeiros falecidos no pesqueiro galego Albacora Cuatro chegan esta medianoite a Galicia. 

Os cadáveres chegaron a Madrid na madrugada deste venres e despois trasladáronos estrada cara á nosa comunidade. Está previsto que este sábado sexan enterrados en Ribeira e Xuño.

Foi o pasado 15 de xuño cando dous dos tripulantes do buque perderon a vida debido á inhalación de amoníaco tras producirse unha fuga mentres o barco estaba a ser reparado nas Illas Seychelles.  

Precisamente ao atoparse os cadáveres cheos deste gas tiveron que atrasarse os labores dos médicos forenses para evitar riscos.  

 Os falecidos foron o xefe de máquinas e o primeiro oficial do buque, ambos naturais da comarca do Barbanza.

En concreto, Anxo, de Palmeira, municipio de Ribeira, e Francisco, de Xuño, municipio de Porto do Son.  

Co seu porto base en Vigo e bandeira española, o buque conta cunha eslora de 83 metros e a súa alta definitiva produciuse en 1989.

Este pesqueiro foi secuestrado no ano 2000 fronte aos costas de Somalia, cando pertencía a unha compañía vasca.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade