Publicador de contidos

Publicador de contidos

Aprender a dicirlles non aos xogos nun 'escape room' que percorre as cidades galegas

Aprender a dicirlles non aos xogos nun 'escape room' que percorre as cidades galegas

A Xunta levou este domingo ata Lugo o escape room para concienciar a mocidade dos perigos do xogo e dos riscos da ludomanía

G24.gal 11/05/2025 20:49

En España uns cen mil menores están en risco de converterse en ludómanas, segundo os datos que manexa o Goberno sobre adiccións comportamentais, un problema grave que cómpre atallar o máis axiña posible.

Precisamente por iso, para tratar de acoutar esta situación, un scape room promovido pola Xunta percorre as principais cidades galegas informando a mocidade dos perigos que implica o xogo e o problema que supón a ludomanía.

Este domingo estivo instalada na Praza Maior de Lugo. Puideron acceder de xeito gratuíto rapaces e rapazas maiores de 14 anos.

O obxectivo é proporcionarlle á xente nova ferramentas para previr a ludomanía. Para iso propóñense seis dinámicas con contidos enfocados a descartar mitos sobre o xogo; identificar sinais de alarma; ou diferenciar entre un xogador social, un problemático e un patolóxico. Tamén se aborda como saír desta adicción, como previla e como prexudica o afectado e a súa contorna.

Os participantes terán que responder a preguntas de verdadeiro ou falso ou completar un crebacabezas, entre outras cuestións.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade