Publicador de contidos

Publicador de contidos

Moaña instalará máis refuxios para morcegos para loitar contra o mosquito tigre

Moaña instalará máis refuxios para morcegos para loitar contra o mosquito tigre

O mosquito tigre detectouse por primera vez en Galicia no verán de 2023

A súa picadura pode provocar dor persistente e reacción alérxica

O concello de Moaña vai comezar a segunda fase de colocación de refuxios para morcegos nas cinco parroquias do municipio

Un refuxio para morcegos instalado en Tirán
G24.gal 11/05/2025 20:09

Refuxios de madeira coma este están pensados para atraer os morcegos, que son os depredadores naturais dos mosquitos. En Moaña queren comabater así o mosquito tigre, unha especie invasora que se detectou por primeira vez en Galicia en agosto de 2023.  O primeiro exemplar apareceu aquí, na parroquia de Tirán.

" Nós apostamos decididamente por este proxecto para asentar a poboación de morcegos. Ben é certo que os morcegos actúan máis pola noite e o mosquito tigre polo día, pero no amencer e no solpor si que coinciden, e é unha boa ocasión para que os mosquitos sexan alimento dos morcegos", explica a concelleira de Medio Ambiente de Moaña,  Dolores Chapela.

O ano pasado xa se instalaron 25 refuxios para morcegos.  En breve van repartir outros tantos nas cinco parroquias de Moaña. Vanse colocar seguindo os consellos dos expertos da Asociación de Morcegos de Galicia

"Entre eles que sexan zonas onde haxa xa morcegos, que sexan zonas con hortas, árbores, regatos, e nas que haxa presenza de mosquitos tigres", explica Juan Luis Alonso, membro do grupo da Asociación veciñal de Tirán que se ocupa da colocación dos refuxios.

As picadas do mosquito tigre poden provocar dor persistente e reacción alérxica. Desde o Concello de Moaña reiteran a importancia de tomar medidas preventivas para evitar a proliferación dos mosquitos, a fundamental é non deixar auga estancada en ningún recipiente.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade