Esixen solucións urxentes para a praga de cascudas que sofren nun barrio vigués
As condicións do barrio de San Pablo, en Teis, son alarmantes
Ademais das cascudas tamén contan coa presenza de ratas
As cascudas aparecen polas noites no barrio de San Pablo, na parroquia viguesa de Teis. Os veciños denuncian a alarmante presenza dos insectos nas súas vivendas.
Algúns dos veciños afirman que soben polas paredes dos edificios como queren e métense dentro dos fogares cando queren. Ademais, aseguran que o tamaño dos insectos é considerable.
"Foi levantar alí unha planta e saían coma se fose un enxame", explicou unha veciña.
Nesta liña, tamén alertan da presenza de ratas, o que se suma a esta praga de insectos.
Os veciños denuncian que o seu barrio está nun estado de abandono e insalubridade, por iso contactaron co Concello para esixiren solucións urxentes, como unha fumigación integral.
Por parte do Concello non houbo resposta, polo que a xente do barrio segue agardando unha solución.