Publicador de contidos
Publicador de contidos

Preocupación en Portosín pola mortaldade de gaivotas

Preocupación en Portosín pola mortaldade de gaivotas

Desde hai semanas aparecen gaivotas mortas tamén na ría de Arousa e nótase que hai menos exemplares en todas as Rías Baixas

G24.gal 15/10/2023 20:09 Última actualización 15/10/2023 20:52

Hai varias semanas apareceron cantidade de gaivotas mortas en praias e peiraos da ría de Arousa e seica se ven cada vez menos aves deste tipo en todas as Rías Baixas. 

Desde hai días sucede o mesmo en Portosín. E a xente está tan preocupada que ata o patrón maior alertou a Garda Civil.

"Non morren as gaivotas maiores, que é o raro, están morrendo as novas, as deste ano. Vou facer 70 anos e nunca se viu isto por aquí. Era ben que se dese información porque pode traer moitos problemas nos portos, tocan os peixes, a xente vén pasear cos cans", asegura o armador Gonzalo Pérez Fernández.

"Leváronas a analizar os de Medio Ambiente. Agora vense bastantes menos, pero mortas hai moitas, vense por todas partes", di un veciño.

"Están aparecendo polo río, pola costa. É pola gripe aviar, polo que escoitei, estase transmitindo a enfermidade", comenta outro.

Polo momento, non hai confirmación oficial do que pode estar causando tal mortaldade.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar