Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Unión Deportiva Ourense busca un cambio coa destitución de Juan Carballo

A Unión Deportiva Ourense busca un cambio coa destitución de Juan Carballo

O cadro ourensán está a cinco puntos da permanencia despois de nove xornadas na Primeira RFEF

G24.gal 26/10/2026 12:20

A Unión Deportiva Ourense tomou a determinación de destituír o adestrador Juan Carballo á procura dun revulsivo que cambie a dinámica do equipo. Recentemente ascendido á Primeira RFEF, os números do cadro ourensán colócano como un dos candidatos ao descenso. Só gañou un partido e sumou 5 puntos, os mesmos que o Arenas de Getxo que o derrotou no último partido. 

Juan Carballo foi o elixido pola directiva despois da marcha de Borja Fernández ao Lugo co que compartiu os éxitos dos últimos anos na tarefa de segundo adestrador. Un técnico da casa polo que apostaron forte. 

O banco da Unión Deportiva xa terá un novo inquilino no partido do mércores na Copa do Rei contra a Ximnástica de Torrelavega aínda que a prioridade total é a permanencia no torneo ligueiro. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade