Empate con polémica da UD Ourense en Irún (1-1)
Galarza rubricou o mellor inicio local
Xabi Dominguez empatou ao primcipio da segunda parte
Os galegos reclamaron un penalti e anuláronlles un gol
O colexiado foi protagonista
Con problemas. O partido comezou con problemas para a UD Ourense, incapaz de solventar a presión rival e recibindo as primeiras ocasións rivais. A máis clara de Galarza (minuto 6). Os galegos parecían lentos, pouco espertos e, nunha destas, no minuto 17, Juan de la Mata anticipouse cando Diego Tejón trataba de desperxar e o fútbolista galego golpeoulle a el. Penalti. E gol de Galarza.
A partires de aí, a UD quixo máis potagonismo e o Real Unión non tivo problemas en tirarse un chisco atrás e buscar a contra. De aí ao descanso rexistramos outra opción de Galarza e dúas accións con polémica para a UD. A primeira nunha acción de Xabi Domínguez que pareceu de penalti e, a seguir, un gol anulado a Baldrich, con acerto, porque estaba en fóra de xogo. Os últimos minutos deste primeiro tempo foron os mellores dos granates.
Á volta dos vestiarios, nada máis arrancar, os locais meteron medo nunha falta lateral. Pero nada máis volver poñer ese balón en xogo, a UD Ourense encontrou o tanto do empate. Foi nun servicio longo, para a carreira Xabi Domínguez, que sorpendeu á zaga rival e colleu a media saída ao porteiro Tena. Un despropósito atrás. Xabi Domínguez logrou estirar a perna o xusto para evitar ao porteiro e poñela dentro (minuto 51). A melloría galega tiña premio.
No que quedaba tocou sufrir. Porque o Real Unión foi arriba e porque os galegos comezaron a notar o cansanzo. Os locais comezaron a levar perigo, mesmo cun tiro ao pao de Sangalli. E no medio de tanto apuro, co xa case cumprido, a UD encontrou unha saída que Baldich acabou por transformar en gol. Ante a desesperación granate, o colexiado anulouno por falta na xogada do propio Baldrich. Non tivo fortuna a UD coa arbitraxe e marchou de Irún co primeiro punto como visitante da temporada que ben puido ser unha vitoria.