Este Celta constrúese desde a defensa e suma a quinta xornada sen encaixar goles
Sumou diante do Betis o cuarto empate sen goles da temporada e Radu mantense como o porteiro menos goleado da competición
O traballo deste Celta 26-27 está baseado na solidez defensiva. Ata o de agora os proxectos de Claudio destacaban pola súa alegría ofensiva pero tamén por datos mellorables no tocante a goles recibidos. Si tomamos como referencia as dez primeiras xornadas, na tempada 24-25 o equipo vigués levaba 17 goles encaixados e na 25-26 o dato mellorou ata os 13.
Nada que ver cos 7 recibidos durante os dez primeiros encontros deste campionato. Uns números que lle permiten a Radu ser o porteiro menos goleado de toma a Primeira División. Na metade dos partidos (5) deixou a porta a cero e asinou catro empates sen goles (Valencia, Elx, Real Sociedade e o do Betis). Tres deles fóra da casa e o último contra un rival que está a xogar a Liga de Campións. O Celta só recibiu máis dun gol contra Athletic e Osasuna nas primeiras xornadas do campionato.
Nas grandes ligas europeas só hai tres equipos que melloran os seus números, outro dato que fala do mérito que ten a defensa celeste. O Lazio e o Arsenal reciben 0'63 goles por partido e o Borussia de Dortmund 0'57.