Publicador de contidos

Publicador de contidos

Como fotografar e gravar a eclipse solar?

Como fotografar e gravar a eclipse solar?

Os expertos advirten de que hai que usar filtro para non danar a lente nin a nosa vista

Friso Gentsch/dpa Friso Gentsch/dpa
G24.gal 05/08/2026 10:04

A eclipse solar do 12 de agosto, a primeira visible en España en máis de cen anos, suscitou dúbidas no que respecta á captura do momento: como se pode fotografar e gravar este fenómeno con cámara ou móbil?

A clave é colocar un filtro solar no obxectivo. Se non se fai, o sensor da cámara, xa sexa dun teléfono móbil ou dun aparello profesional de fotografía, estrágase.

Para unha cámara profesional, un filtro de 16 pasos

Para as cámaras é necesario un filtro solar de entre 16 e 20 pasos, medida do mundo fotográfico que contempla a exposición do cristal do obxectivo. Pódense utilizar dous filtros de 8 pasos, por exemplo, xa que faría o mesmo efecto que un de 16.

"O filtro é moi escuro porque se non a eclipse vai afectar o sensor, facelo sen iso é un perigo porque é o corazón da cámara. Se non queremos estragar o sensor, é obrigatorio utilizar un filtro solar", advirte Mur.

Estes filtros están preparados explicitamente para uso astronómico no día a día. O prezo, segundo o especialista, oscila entre os 50 e os 100 euros por filtro.

Fan falta unhas lentes para mirar a través da cámara?

Para observar a eclipse directamente é necesario o uso dunhas lentes específicas (EN ISO 12312-2:2015). Non serve mirar a través do móbil ou da cámara se non hai filtro, pois existe risco de danos oculares.

Con todo, en caso de que se coloque o filtro solar de polo menos 16 pasos, non serán necesarias as lentes.

Para un móbil, filtro e zoom ao máximo

No caso do móbil, a idea é a mesma. O obxectivo, aínda que en menor medida, dánase en caso de non colocar un filtro. Existen xa algúns específicos para estes dispositivos que poden chegar a custar menos de 10 euros. O máis básico, unha especie de tarxeta que se coloca manualmente encima do sensor; o máis profesionalizado, filtro de 20 pasos redondo, con soporte fixo no móbil e dun tamaño adaptado, que rolda os 70 euros.

Un teleobxetcivo para o máximo zoom e un trípode elevan o nivel da experiencia, especialmente con cámara profesional. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade