Publicador de contidos

Publicador de contidos

Retómanse as obras na Torre de Hércules, que pecha temporalmente

Retómanse as obras na Torre de Hércules, que pecha temporalmente

O faro pecha temporalmente ao público a partir do 1 de outubro

​​​​​A partir de ese día xa non se poden reservar entradas a través da web

A Torre de Hércules deixa de vender entradas a partir do 1 de outubro
G24.gal 29/09/2026 14:48

Os que se achegaron esta mañá para visitar a Torre de Hércules levaron unha sorpresa. O acceso ao interior estaba pechado.

"Tiñamos a idea de subir e ao final está pechado", apuntan uns turistas.

A forza do vento obrigou a pechar as portas do monumento máis visitado e emblemático da cidade, o faro romano en funcionamento máis antigo do mundo declarado Patrimonio da Humanidade pola Unesco.

"Acabamos de rematar o Camiño de Santiago e entón queriamos vir aquí para pechar un pouco a ruta, e moi bonito. Moi boas vistas a toda a costa, as praias, moito vento, iso si, empuxounos, pero moi ben, con bastante xente para ser martes, que non o esperabamos", explican unhas rapazas

A entrada e saída de autobuses foi unha constante durante toda a mañá. Moitos querían aproveitar para visitar o monumento antes de que peche temporalmente ao público para retomar as obras de mantemento, uns traballos paralizados durante a primavera e logo postos para despois do verán pola alta afluencia. A imposibilidade de reservar entradas na web a partir do 1 de outubro pode indicar que en breve comezarán as obras.

"Unha mágoa, unha mágoa, porque ademais mira a cantidade de xente que vén, pero se é para reformas é para mellor".

A previsión inicial é que os traballos duren aproximadamente 15 días, aínda que o calendario definitivo vai depender do desenvolvemento da intervención. 

"Para a próxima. Apuntámolo para a seguinte viaxe".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade