Publicador de contidos

Publicador de contidos

Unha muller duns setenta anos acoitela o marido na Coruña

Unha muller duns setenta anos acoitela o marido na Coruña

O home está ingresado na UCI e ela, detida, na unidade de psiquiatría

G24.gal 01/10/2026 14:23

Acabaron os dous feridos, en cadansúa ambulancia, pero en distintas condicións.

"Unha persoa saíu consciente e a outra ía inconsciente, non se movía nin nada. Un médico dicía que estaban tentando parar a ferida, pero non podían", conta un veciño.

"Había catro coches da policía e dúas ambulancias, levaron a dúas persoas en cadansúa ambulancia pero nunha delas entrou un policía", engade outra testemuña.

El ingresou na Unidade de Coidados Intensivos. Ela, detida, nun centro psiquiátrico. 

"Cústame moito crelo porque viñan todos os días por aquí, tiñan un comportamento exemplar os dous. Ás veces coincidían os dous, outra viña primeiro el ou ela, pero eran uns clientes supernormais. O mesmo domingo pola mañá estiveron aquí almorzando", confirma o dono da cafetería. 

Era o seu día a día pero esa noite algo se torceu. Estaban xa de retirada. Seica el se deitou e ela aproveitou para acoitelalo.

"A raíz do que pasou sabes que ela empezaba con algún tratamento", engade o home.

O home saíu ao corredor para pedir axuda. Primeiro na porta do lado e despois escaleiras abaixo. Quixo a mala sorte que houbera pouca xente no edificio e os que estaban...

"Había moita policía e ambulancias abaixo e non nos deixaron subir polo ascensor. Tivemos que subir polas escaleiras pero non sabemos por que nin que pasou", comenta un rapaz.

"Cando todo acabou, o edificio estaba cheo de sangue polas escaleiras, pero non sei que pasou. Si sei que foi algo moi grave porque había moita policía e moito sangue, pero non sabía o que pasaba", coincide outro.

Levaban pouco tempo vivindo neste edificio, pegado ao Corte Inglés. Mudáranse cando el se xubilou no porto.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade