Cargando resultados...
Un home armado cun machete provoca momentos de tensión en Vigo
Todo aconteceu de madrugada, durante o transcurso dunha liorta, ás portas dun bar
Tras unha persecución policial, o home conseguiu escapar
Imaxes cedidas por @POOOCHOOO
G24.gal
04/10/2026 12:36
Un home armado cun machete provocou momentos de tensión en Vigo tras un incidente rexistrado na madrugada do sábado, confirmaron fontes da Policía Local consultadas por Europa Press.
O incidente tivo lugar á saída dun bar da rúa Martínez Garrido con persecución por parte de varias persoas e tamén con axentes desprazados ao lugar.
Durante a persecución, escóitanse insultos cara ao home, que non puido ser localizado por parte da Policía. Unha persoa sufriría un corte nunha man, segundo testemuñas, aínda que este extremo non foi confirmado polas fontes policiais consultadas.