Publicador de contidos

Publicador de contidos

Intento de usurpación dunha casa en Lugo

Intento de usurpación dunha casa en Lugo

Ocorreu no barrio de Fingoi e o papel da veciñanza foi determinante ao dar aviso á Policía Nacional e á familia afectada 

Os propietarios reforzaron a seguridade, ademais de cambiar a pechadura instalaron cámaras de vixilancia

G24.gal 06/08/2026 13:40

O intento de usurpación tivo lugar nunha das casas do barrio de Fingoi á que accederon na noite do martes tras romper unha ventá. Foron moitos os veciños que escoitaron un ruído forte "pensamos que fora o cristal dun coche, pero baixamos e miramos e estaba todo ben", comenta unha das residentes. Non foi ata a mañá seguinte cando descubriron do que se trataba "atamos cabos e démonos conta de que golpe de onte fora o cristal da casa dos veciños de en fronte".

A familia propietaria agradece o traballo policial e da veciñanza, que foi clave.

Foi precisamente a veciñanza a que deu aviso á Policía Nacional e alertou tamén a familia propietaria. "Vinme rapidamente, pero non contaba que estivesen dentro", comenta unha das donas. Tamén estaban os axentes, que falaron coa muller que quedaba dentro da vivenda, que aseguraba que a tiña alugada, "o que era mentira", engade unha das donas.

A familia agradece o traballo policial e da veciñanza. "Estamos aínda nerviosos porque foi un susto tremendo", pero os veciños "foron maxistrais, porque foron eles os que se mobilizaron e grazas a eles todo quedou nun susto enorme".

No barrio non ocultan a preocupación 

"Estamos todas preocupadas", sostén unha veciña, que cre que agora "hai que estar vixiantes porque poden volver". Outra das residentes di que están amolados porque houbo máis intentos.

 "Xa van varias veces polo barrio que sucede, entón creo que hai que meter man, porque así non se pode vivir". 

A familia afectada xa reforzou a seguridade na casa. Ademais de cambiar a pechadura instalou cámaras de vixilancia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade