Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Feira do Moble de Galicia reúne 50 firmas no recinto feiral da Estrada

A Feira do Moble de Galicia reúne 50 firmas no recinto feiral da Estrada

Desde unha cama que evita os ronquidos ata unha placa de cociña que inclúe o extractor

G24.gal 20/09/2026 11:39

A última creación dunha tenda de Santiago especializada no descanso a medida trátase dunha cama que monitoriza o noso sono e evita que ronquemos.

"Cando ve que vas roncar, automaticamente móvese entre doce e quince graos e ti paras", explica o xerente de Nozzeo, José Antonio Ares.

Hai novidades tamén para a cociña. Isabel móstranos un mesado con aspecto de pedra natural, composto nun 90% por materiais reciclados, que resiste ata 220 graos de temperatura. A súa tenda, tamén de Santiago, sorprende ademais cunha placa-extractor.

"Na mesma placa leva a extracción. Evitamos facer obra e é moi práctica. Afórranos, por exemplo, ter que cheirar o peixe do veciño", cóntanos Isabel Couto, de Schmidt Santiago.

Son algunhas curiosidades chegadas ao recinto feiral da Estrada na tríxesimo oitava edición da Feira do Moble de Galicia. 

Dinnos os profesinais do mobiliario a medida que a calidade mantén a demanda, pero recoñecen que falta man de obra especializada, un obstáculo que sortean con tecnoloxía.

"A robótica e esas cousas todas que nos axudan a ter unha produción máis rendible, á falta da man de obra especializada, que non existe, cada vez hai menos", subliña Fernando Loureiro de Mobles Loureiros.

Nós non marchamos sen pedir algún consello especializado, neste caso, que demardarlle a un sofá para que sexa realmente cómodo.

"Que cando te sentes os pés che queden no chan, non colgados, que a zona lumbar quede apoiada e que a altura do respaldo teña polo menos un metro dez ou un metro quince para que teñas onde apoiar a cabeza", puntualiza César Augusto Barbora, de Artest.

A Feira, que inclúe un mercado e unha sección de antigüidades, manterase aberta decontino ata as oito da tarde.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade