Publicador de contidos

Publicador de contidos

O prezo e a falta de puntos de recarga frean o avance do camión eléctrico

O prezo e a falta de puntos de recarga frean o avance do camión eléctrico

Dos máis de 27.000 vehículos de transporte de mercadorías en Galicia, tan só medio cento son eléctricos

G24.gal 08/10/2026 14:42

É a tecnoloxía de futuro que vai gañando terreo.

"O funcionamento é sinxelo, silencioso, continuo. É coma non enterarse", explica o xerente de DAF, Manuel Sánchez.

Galicia avanza na electrificación do transporte de mercadorías con máis de medio cento de camións xa en circulación. Pero hai atrancos.

"Facer un investimento nun camión eléctrico é coma se foran dous normais", asegura un transportista.

O prezo é un dos condicionantes para os transportistas. O outro, a infraestrutura de recarga que retrae a venda deste tipo de unidades.

"Un cliente pediunos que facía uns 600 quilómetros ao día. O problema é que estes modelos teñen autonomía para 400 quilómetros. Entón xa o descartan", di Manuel Sánchez.

A rede de recarga avanza en Galicia con electrolineiras como a que está prevista en San Cibrao das Viñas con oito puntos de subministración de enerxía renovable. Dúas delas específicas para camións de gran tonelaxe. O sector reclama axudas.

"Está empezando. A ver se é o futuro. O presente xa sabenos cal é. Axudas para mercalos", pide un camioneiro.

Nun sector que move en Galicia máis de 27.500 vehículos de mercadorías de máis de 6.700 empresas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade