Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Xunta reclama un reforzo urxente da rede eléctrica para as empresas

A Xunta reclama un reforzo urxente da rede eléctrica para as empresas

A conselleira de Economía e Industria reuniuse este venres en Madrid co secretario de Estado de Enerxía

G24.gal 25/09/2026 14:46 Última actualización 25/09/2026 14:57

A conselleira de Economía e Industria levou este venres a Madrid unha reclamación fundamental para Galicia, que se reforce urxentemente a rede de transporte eléctrico. O Goberno central está tramitando, precisamente, a planificación eléctrica ata o 2030 e nela recolle varias demandas de Galicia.

Vanse reforzar as zonas industriais da Coruña, Arteixo e Ferrolterra, pero faltan outras importantes. "É moi relevante a zona da Plisan, a zona de conexión entre a provincia de Pontevedra e a de Ourense e tamén a zona central de Lugo", apuntou a conselleira de Economía á saída do encontro no ministerio. 

O empresariado galego está preocupado. Antonio Fontenla, presidente da Confederación de Empresarios da Coruña, cre que "ninguén inviste se previamente non ten garantida a subministración eléctrica" e mesmo a conselleira do ramo admite que hai investimentos que  "corren serio perigo" se non se mellora a subministración de enerxía.

No polígono de Curtis-Teixeiro, por exemplo, prevese construír o primeiro centro de datos de toda Galicia. Pero as infraestruturas eléctricas que hai non satisfán sequera a demanda actual. Os empresarios levan meses sufrindo cortes de luz nas súas fábricas. Luis González, presidente da Entidade Urbanística de Conservación do Polígono Industrial de Curtis-Teixeiro, conta que "hai trastornos que nalgúns casos poden ser graves porque se producen paradas no proceso que poden derivar en avarías con consecuencias económicas importantes".

O Goberno central agarda aprobar a nova planificación a finais deste ano.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade