Buñol tínguese de vermello con 22.000 persoas na Tomatina
A tradicional batalla de tomatazos empregou este ano 150 toneladas de tomate
Máis de 22.000 persoas participaron este mércores en Buñol (Valencia) na tradicional Tomatina, que comezou ás 12:00 horas co lanzamento da carcasa pirotécnica.
Na edición deste ano empregáronse 150 toneladas de tomates, 30 máis ca o ano pasado, que en poucos minutos tinguiron de vermello as rúas da localidade.
Turistas chegados de diferentes puntos do mundo e veciños participaron na batalla, moitos dles protexidos con lentes, plásticos e os móbiles para inmortalizar unha das festas máis coñecidas internacionalmente.
A celebración comezou horas antes co tradicional palo jabón, un poste engraxado ao que os participante intentan subir para conseguir o xamón colocado na parte superior.