Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Policía desaloxa a acampada da Porta do Sol en Madrid tras cinco semanas de protestas

ÚLTIMA HORA

A Policía desaloxa a acampada da Porta do Sol en Madrid tras cinco semanas de protestas

Dúas persoas foron detidas por resistencia á autoridade

A Delegación do Goberno xustifica a actuación tras sumárense numerosas persoas sen fogar e colectivos vulnerables 

G24.gal 03/11/2026 06:10

As policías Nacional e Municipal desaloxaron esta madrugada a acampada de Sol de Madrid despois de 38 días de protestas. A intervención comezou arredor das tres da madrugada, cando arredor de 300 persoas se atopaba durmindo no interior das tendas. Segundo fontes policíais, a operación transcorreu sen incidentes importantes, agás a detención de dúas persoas por resistencia á autoridade. Algúns dos participantes denuncian que os axentes non lles permitiron recoller as súas pertenzas.

A Delegación do Goberno xustifica a actuación pola necesidade de "garantir o exercicio pacífico dos derechos fundamentais, protexer as persoas e recuperar o uso ordinario da Porta do Sol". Segundo explican, as circunstancias e a natureza da acampada cambiou tras sumarse á mesma numerosas persoas sen fogar e colectivos vulnerables.

Hai uns días, os organizadores anunciaran a progresiva disolución da acampada para preparar a folga xeral do próximo día 11 deste mes.

A protesta comezou no quilómetro cero da capital o pasado 26 de setembro para reclamar solucións á crise da vivenda, tras o desafiuzamento, e posterior falecemento, de Maricarmen Abascal, unha muller de 87 anos que vivira sete décadas de alugueiro no mesmo domicilio.

Os servizos de limpeza do Concello de Madrid levarán as tendas a depósitos municipais onde os seus propietarios poderanas recoller.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade