A inventiva sen límites dos narcos para ocultar a droga
Os traficantes de droga buscan oco onde ningúen mira
Os narcos sempre buscan oco onde ninguén mira. Como exemplo, brócoli conxelado ou nas costuras dos pantalóns.
Porque ás veces os agochos son tan absurdos que funcionan. Dentro de troncos, caixas de froitas, mesturados con outras substancias, como cerámica, combustibles ou gasóleo
As forzas de seguridade atoparon droga en plátanos de plástico, bloques de cemento, latas, instrumentos musicais e mesmo en pernas ortopédicas. Din que buscan formas de ocultación, algunhas moi difíciles de detectar, mesmo con cans, como sucede co gasóleo.
A inventiva dos narcos non ten límites. Como é o caso duns melóns baleirados que serviron para transportar a droga. Nos vehículos os dobres fondos son xa un clásico. Baixo os asentos, dentro do depósito ou en compartimentos secretos deseñados para encaixar en zonas concretas
Creatividade infinita ata que alguén dá coa peza que non encaixa.