Publicador de contidos

Publicador de contidos

Ourense acolle á San Martiño máis populosa

Ourense acolle á San Martiño máis populosa

A 49 edición desta carreira pedestre contou con máis de 11.000 inscritos nas disintas categorias

Abdessamad Oukhelfen e Kiros Muaz foron os gañadores da proba absoluta

G24.gal 08/11/2026 15:13

Arrancaba a mañá deste domingo na contorna da ponte do Milenio os primeiros corredores concentrábanse para quentar antes de facer fronte os dez quilómetros de percorrido.

Ás once soaba o pistoletazo de saída da proba absoluta na que participaron máis de catro mil persoas, atletas profesionais de primeiro nivel e afeccionados, algúns con décadas de San Martiño ás súas costas.

Unha carreira, das máis antigas e multitudinarias de Galicia, que estreou percorrido nesta 49 edición na procura dun circuito máis rápido.

O primeiro en cruzar a meta foi o campión de España de 10 quilómetros e dúas veces campión de Europa en campo a través, Abdessamad Oukhelfen, cun tempo de 29 minutos e 16 segundo. Na categoría feminina, o triunfo foi para a campioa etíope de 10.000 metros lisos,  Kiros Muaz.

Ademais da absoluta, tamén houbo unha carreira escolar, outra infantil e unha inclusiva con diferentes percorridos e horarios. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade